septiembre 19, 2017

Fin da primeira tempada!

Rematou a primeira tempada de Galicia Crime cun final moi aberto. Haberá máis? Por suposto! A nosa intención é continuar a historia de Dowson e Pillei. Para iso estamos xa traballando nos guións e facendo os primeiros contactos. Tardaremos un tempo, pero iremos contándovos as nosas andainas a través deste blogue. Graciñas por seguirnos e desfrutade do derradeiro capítulo, xa online!
marzo 19, 2017

Estrea do capítulo 4 o 20 de marzo!

O próximo 20 de marzo ás 21:00 no Sport Café Coruña estrearase un novo episodio de Galicia Crime. Contaremos con case todos os membros da equipa que falarán sobre a webserie e o recente premio Mestre Mateo que vimos de acadar. Agardamosvos alí! Se queres vir á premiere en directo do capítulo 4 envíanos unha mensaxe privada a través do Facebook de Galicia Crime.
marzo 19, 2017

Entrevista de Víctor Grande e Pedro Brandariz na Revista TVG

O pasado 12 de marzo de 2017 Víctor Grande e Pedro Brandariz asistiron á Revista da TVG, presentada por María Solar, onde foron entrevistados tras gañar o Mestre Mateo á mellor webserie con Galicia Crime. Deixamosvos a entrevista completa nesta entrada.
marzo 17, 2017

E gañamos o Mestre Mateo!

O pasado 4 de marzo celebrouse a gala de entrega dos XV Premios Mestre Mateo e finalmente Galicia Crime alzouse co galardón á mellor webserie. Estamos encantados co premio e aínda nos estamos a recuperar da emoción. Aproveitamos para comentarvos que o próximo luns 20 de marzo estreamos o capítulo 4 de Galicia Crime. Será ás 21:00 no Sport Café Coruña e a partir das 22:00 aprox na web de galiciacrime.com. Deixamosvos un video do que ocorreu entre bambalinas tras conseguir o premio.
febrero 16, 2017

Promo #GaliciaCrime para os #MestreMateo17

Pequeno video promocional de Galicia Crime pola candidatura aos Mestre Mateo 2017.