Rodaxe de Galicia Crime (IV) – Carta xornada
septiembre 4, 2016
Rodaxe de Galicia Crime (VI) – Un gimbal, un drone e un acantilado
septiembre 13, 2016
Show all

Rodaxe de Galicia Crime (V) – Punto de inflexión

Todo ía ben na rodaxe de Galicia Crime e, como vos contaba no artigo anterior, torcéronse as cousas cando nos denegaron o permiso para a nosa localización máis importante.

Por sorte, nas xornadas de preproducción barallamos a posibilidade de buscar un plan alternativo no caso de que esta localización fallase. Todo parecía indicar que non ía ser así, pero xa vedes, a tres días de gravar alí, abur localización.

Puxémonos mans á obra e en menos de catro horas xa tiñamos localizada unha alternativa que nos cubría prácticamente todas as secuencias que tiñamos previstas para a segunda semana de rodaxe. A nova localización non era, nin moito menos, tan espectacular coma a primeira e teríamos que facer moitas intervencións para conseguir que “dese o pego”, pero non tiñamos tempo material para facer nada máis, así que tiramos para adiante.

Podería ser o fin deste extraño episodio, pero non, porque cando xa tiñamos todo encamiñado para esta nova localización, a un día de comezar alí a rodaxe, algo ocorreu. Non o conterei nestas liñas porque se trata dun feito alleo á rodaxe, pero de súpeto un dos nosos principais activos non podía estar dispoñible nas xornadas que tiñamos previstas. Tratase dun caso de forza maior e estaba claro que non podiamos facer nada. En cuestión de horas, a menos dun día de comezar, tivemos que cancelar os catro días de rodaxe que nos quedaban de Galicia Crime.

Parece que as complicacións veñen todas xuntas, pero de súpeto, a equipa de producción pensamos o seguinte: se temos que retrasar a rodaxe imos poder adicar tempo a buscar localizacións mellores! Non hai mal que por ben non veña.

Despóis de máis de 20 chamadas de teléfono, acordamos con todo o equipo, tanto técnicos coma actores, retomar a gravación de Galicia Crime dúas semanas despóis, do 19 ao 22 de setembro. Con dúas semanas por diante, poderíamos atopar localizacións mellores para a nosa querida webserie. A pena é o retraso global da rodaxe, pero se finalmente todo sae mellor, tentaremos recuperar o retraso no proceso de postproducción, que vai ser apaixoante.

En resumo: retomamos a gravación de Galicia Crime o 19 de setembro, ata o 22, onde daremos por finalizada a rodaxe. Non é certo de todo, porque nos quedarán recursos e dúas secuencias especiais, pero as gravaremos en días soltos, sen o groso da equipa.

Iso sí, ata que retomemos a rodaxe grande, ademáis de relocalizar, temos unha xornada fantástica o luns 12 de setembro, onde imos gravar con dúas máquinas flipantes: un gimbal e un drone. Cóntovolo na próxima.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *