Rodaxe de Galicia Crime (II) – Segunda xornada
septiembre 2, 2016
Rodaxe de Galicia Crime (IV) – Carta xornada
septiembre 4, 2016
Show all

Rodaxe de Galicia Crime (III) – Terceira Xornada

XORNADA 3: Outra mansión, un drone interruptus e un bar, porque sempre hai un bar

No planing a xornada 3 era relaxada, pero na realidade fíxose moi intensa. Para comezar tivemos que sacar tempo desta xornada para retomar dúas secuencias que nos quedaron colgadas da xornada 1. Ademáis desprazamos un equipo pequeno a gravar unha das esceas máis espectaculares da webserie, que a tratamos de gravar cun drone, pero o vento e un pequeno fallo do trebello nos impediron culminar esta secuencia (que tivemos que postpor ata unha semana despóis, como xa veremos).

Aínda así, gravamos no salón doutra mansión impresionante, esta vez na Coruña, gracias á colaboración do noso amigo Kiko Pastur e rematamos a xornada gravando nun bar, porque non hai serie nin película policiaca sen un bar de polis. Nesta ocasión contamos co Handicap Café, na Coruña, e cun camareiro moi especial. Alí rematamos cansadísimos ás tantas da madrugada, pero moi contentos por levar tres xornadas con prácticamente todo o timing cumprido.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *