Cartaz de Galicia Crime!
abril 30, 2017
Fin da primeira tempada!
septiembre 19, 2017
Show all

Publicamos o capítulo 5 de Galicia Crime!

Non foi sen tempo, coma se di por aí. O caso é que a equipa de Galicia Crime estivo moi liada nos últimos meses cos seus proxectos individuais e foinos imposible publicar antes o novo capítulo da serie. Por outra banda, xa vos avisamos que en setembro faremos a estrea do derradeiro capítulo da tempada nun evento que agardamos facer na Coruña, con todos os que participaron no proxecto dende o principio.

Neste capítulo 5 coñeceremos a Norma, a irmá de Pillei, que ten un grave problema co sector sanitario. Ademáis Dowson segue coas súas pesquisas sobre a desaparición do seu pai, que o levarán ao piso de Wismincho e a coñecer a unha extraña muller.

En canto á producción, gustaríanos contarvos que este capítulo tivo moitas dificultades, sobre todo de tempo nalgunha das localizacións, o que nos impediu facer unha realización mellor. Ademáis, moitos dos planos deste capítulo graváronse na primeira xornada de gravación, cos nervos e a inexperiencia de todos. Aínda así, agardamos que vos guste.

Vémonos en setembro coa SEASON FINALE e un par de sorpresas que desvelaremos entón!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *