noviembre 15, 2016

Comeza a postpro!

Comezamos a postproducción de Galicia Crime, a falta de poucas secuencias que nos quedan por gravar, que faremos ao longo dos próximos meses. A montaxe a realizará Víctor Grande, a edición de audio correrá a cargo de Juan Folla e a banda sonora orixinal será composta por Iago Gordillo. Durante as próximas semanas farase unha premontaxe dos capítulos 1 e 2, de cara a presentalos a mediados de decembro nunha estrea simultanea en Internet (Youtube e Facebook) e nun local da Coruña. Próximamente vos contaremos detalles sobre a estrea.