septiembre 1, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (I) – Primeira xornada

XORNADA 1: Dun local destartalado ata unha mansión, pasando por unha tenda de comics Desoíndo os consellos da xente que sabe, puxemos unha primeira xornada de rodaxe moi intensa e dura. Gravamos pola mañá nun local comercial abandonado que nos serviu coma escenario para unha das esceas máis frikis e tétricas da webserie. Non queremos desvelar aínda quen son os actores e actrices invitados para esta secuencia, porque hai que deixar algo de intriga, pero si vos conto que para todas as esceas do capítulo 2 (ao que pertence esta secuencia) contamos coa axuda de Lara Capeáns, que dirixe todo […]
mayo 10, 2016

Día cero

Aquí comeza o caderno de produción de Galicia Crime, a webserie policiaca de humor absurdo ambientada nunha Galicia sospeitosamente americanizada: Os Concellos Unidos. Trala presentación do proxecto no Carballo Interplay comezamos esta aventura con ilusión e gañas de facer algo diferente, divertido e de calidade. Galicia Crime orixinalmente chamouse “Dowson e Pillei: Homicidios” que é o nome dos dous protagonistas principais: O detective Dowson (interpretado por Oswaldo Digón) e o Sarxento Pillei (interpretado por Pedro Brandariz). Decidimos cambiar o nome por Galicia Crime xa que nos pareceu divertido pensar que a palabra “crime” escríbese igual en inglés e en galego, […]