septiembre 13, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (VI) – Un gimbal, un drone e un acantilado

Despóis de todos os incidentes da semana horribilis que provocou o retraso da rodaxe, onte luns 12 de setembro tivemos unha xornada fantástica, que vos conto a continuación. O luns pola mañá reunimonos no decanato da facultade de Terapia Ocupacional co decano, na procura da súa colaboración para algunha das secuencias da segunda semana de rodaxe de Galicia Crime. Visitamos as instalacións do decanato e tamén a facultade e atopamos 4 das nosas 12 localizacións que nos faltaban. Non está mal, un 33%! O decano foi moi amable e cadramos con él a utilización destas localizacións durante a semana de rodaxe […]
septiembre 7, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (V) – Punto de inflexión

Todo ía ben na rodaxe de Galicia Crime e, como vos contaba no artigo anterior, torcéronse as cousas cando nos denegaron o permiso para a nosa localización máis importante. Por sorte, nas xornadas de preproducción barallamos a posibilidade de buscar un plan alternativo no caso de que esta localización fallase. Todo parecía indicar que non ía ser así, pero xa vedes, a tres días de gravar alí, abur localización. Puxémonos mans á obra e en menos de catro horas xa tiñamos localizada unha alternativa que nos cubría prácticamente todas as secuencias que tiñamos previstas para a segunda semana de rodaxe. […]
septiembre 4, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (IV) – Carta xornada

Accidente de coche, malas noticias e parón da producción A xornada 4 ía ser unha xornada de transición, cunha pequena secuencia e o resto da xornada con labor de producción de cara á segunda semana de rodaxe, que xa estaba enfilada. Todo ía demasiado ben ata que nos chegaron dúas malas novas. Por unha banda, Pedro Brandariz, un dos nosos actores principais, tivo un pequeno accidente de coche. Nada grave para él pero sí para o seu coche, que forma parte do equipo de producción. Por sorte, Pedro está perfectamente, e poderíamos ter solucionado calquera inconvinte derivado do accidente se […]
septiembre 3, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (III) – Terceira Xornada

XORNADA 3: Outra mansión, un drone interruptus e un bar, porque sempre hai un bar No planing a xornada 3 era relaxada, pero na realidade fíxose moi intensa. Para comezar tivemos que sacar tempo desta xornada para retomar dúas secuencias que nos quedaron colgadas da xornada 1. Ademáis desprazamos un equipo pequeno a gravar unha das esceas máis espectaculares da webserie, que a tratamos de gravar cun drone, pero o vento e un pequeno fallo do trebello nos impediron culminar esta secuencia (que tivemos que postpor ata unha semana despóis, como xa veremos). Aínda así, gravamos no salón doutra mansión […]
septiembre 2, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (II) – Segunda xornada

Unha cociña en San Pedro de Nós, unha finca impresionante e moita acción ao pe do mar Outra xornada intensa foi esta segunda. Comezamos cun equipo pequeno nunha cociña en San Pedro de Nós, onde gravamos unha escea cun plano único no que ocorren moitísimas cousas que non podo contar, agas que hai unha morte, un asasino e unha pista. Pola tarde desprazámonos a Finca Montesqueiro, que nos prestou as súas instalacións para gravar nos seus exteriores e na suite nupcial onde nos atopamos cunha das secuencias máis complicadas de gravar pola cantidade de actores implicados e os espellos da […]