noviembre 15, 2016

Comeza a postpro!

Comezamos a postproducción de Galicia Crime, a falta de poucas secuencias que nos quedan por gravar, que faremos ao longo dos próximos meses. A montaxe a realizará Víctor Grande, a edición de audio correrá a cargo de Juan Folla e a banda sonora orixinal será composta por Iago Gordillo. Durante as próximas semanas farase unha premontaxe dos capítulos 1 e 2, de cara a presentalos a mediados de decembro nunha estrea simultanea en Internet (Youtube e Facebook) e nun local da Coruña. Próximamente vos contaremos detalles sobre a estrea.
octubre 22, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (X) – Carballo e Parque de Bens

Hoxe por fin gravamos en Carballo, a nosa asignatura pendente. Tendo en conta que os nosos protagonistas son policías de Carballork, non podíamos pasar sen gravar nesta vila. De feito, os exteriores da comisaría de Carballork pertencen ao Forum Carballo, un edificio emblemático que serve de sede para o Carballo Interplay, unha das citas ineludibles para Galicia Crime durante o 2017. Pola tarde desprazámonos ao Parque de Bens, na Coruña, onde contamos coa colaboración de tres figurantes que fixeron de runners, porque unha webserie na que non saian runners, a estas alturas de século XXI non ten sentido. Todo será […]
octubre 21, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (IX) – As Fragas do Eume

Hoxe adicamos toda unha tarde a gravar nas Fragas do Eume unha secuencia que apenas dura 30 segundos no metraxe do capítulo 4 de Galicia Crime. A protagonista absoluta da secuencia é a Forense Andersen (Lucía Veiga) e a veremos nunca situación extrema na que a súa vida penderá dun fío (ou non). Levamos un equipo mínimo composto por unha OSMO para gravar planos secuencia e unha DSLR Nikon para o resto de planos. Non levamos departamento de son porque a secuencia irá con música e necesitábamos axilizar a gravación. O que si levamos foi unha cantidade de trebellos e atrezzo […]
octubre 5, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (VIII) – Un youtuber

Gravamos dúas secuencias moi especiais na breve xornada de hoxe. Estivemos no fogar dun youtuber moi coñecido da cidade da Coruña (pero non é quen vos pensades, é outro). Podemos dicir que se trata dun cameo moi freak e estamos encantados de contar con él, pero non vos desvelamos nada por agora. Deixamos a incertidume ata a data da estrea do capítulo 2.
septiembre 23, 2016

Rodaxe de Galicia Crime (VII) – A semana clave da rodaxe

Entre o 19 e o 22 de setembro tivo lugar a gravación de máis do 50% da metraxe da tempada 1 de Galicia Crime. Contamos con todo o reparto de actores e por fin podemos desvelar que nesta rodaxe participan Pepo Suevos, Oscar Cruz e Lucía Veiga, interpretando ao Capitán Kowalsky, o cadete García e a Forense Andersen respectivamente. A rodaxe tivo lugar en varias localizacións: A facultade de Terapia Ocupaciónal da UDC, que usamos de Morgue e de despacho do capitán da policía), un centro de Coworking (Colaboratinne) que nos serviu de sala de interrogatorios, oficinas da policía e […]