marzo 17, 2017

E gañamos o Mestre Mateo!

O pasado 4 de marzo celebrouse a gala de entrega dos XV Premios Mestre Mateo e finalmente Galicia Crime alzouse co galardón á mellor webserie. Estamos encantados co premio e aínda nos estamos a recuperar da emoción. Aproveitamos para comentarvos que o próximo luns 20 de marzo estreamos o capítulo 4 de Galicia Crime. Será ás 21:00 no Sport Café Coruña e a partir das 22:00 aprox na web de galiciacrime.com. Deixamosvos un video do que ocorreu entre bambalinas tras conseguir o premio.
febrero 16, 2017

Promo #GaliciaCrime para os #MestreMateo17

Pequeno video promocional de Galicia Crime pola candidatura aos Mestre Mateo 2017.
febrero 7, 2017

Galicia Crime nomeada aos Mestre Mateo 2017!

Xa é oficial, a nosa webserie Galicia Crime está nomeada aos Mestre Mateo 2017. A cerimonia celebrarase o 4 de marzo en Palexco (A Coruña). Alí irá unha representación da equipa que fixo posible esta tolemia colectiva. Seremos quen de gañar o premio? Aquí está a noticia da Academia Galega do Audiovisual.
enero 25, 2017

Estrea do capítulo 3 o 30 de xaneiro!

Xa podemos anunciar que o capítulo 3 de Galicia Crime se vai estrear o día 30 de xaneiro de 2017 na Sala Unitaria de Santiago de Compostela ás 20:30. Se estás interesada en asistir, envía unha mensaxe a través do Facebook de Galicia Crime e porémonos en contacto contigo.
diciembre 14, 2016

Así foi a estrea de Galicia Crime na Coruña

O día 14 de decembro de 2016 estreamos os dous primeiros episodios de Galicia Crime nun evento que xuntou a máis dun cento de persoas no Bergin Afterwork. Alí estaba toda a equipa de Galicia Crime, o reparto, os colaboradores, as empresas que botaron unha man, amigos e familia. Durante o evento houbo tempo non só para proxectar os capítulos, senon tamén para botar unhas risas coas anécdotas da rodaxe da man dos seus artífices. Polo micrófono pasaron os cinco guionistas, o reparto principal, os secundarios e cameos dos primeiros episodios e un feixe de colaboradores externos. Destacamos o momento […]