Comeza a postpro!
noviembre 15, 2016
Estrea do capítulo 3 o 30 de xaneiro!
enero 25, 2017
Show all

O día 14 de decembro de 2016 estreamos os dous primeiros episodios de Galicia Crime nun evento que xuntou a máis dun cento de persoas no Bergin Afterwork. Alí estaba toda a equipa de Galicia Crime, o reparto, os colaboradores, as empresas que botaron unha man, amigos e familia.

Durante o evento houbo tempo non só para proxectar os capítulos, senon tamén para botar unhas risas coas anécdotas da rodaxe da man dos seus artífices. Polo micrófono pasaron os cinco guionistas, o reparto principal, os secundarios e cameos dos primeiros episodios e un feixe de colaboradores externos.

Destacamos o momento no que Xoel, o fillo maior de Luis Pousada colleulle o micrófono a Víctor Grande para comentar en alto un par de erros que detectou nun dos capítulos. Deixounos planchados a todos.

Tedes as fotos da estrea neste album de Flickr ou no Facebook de Galicia Crime. Agradecer a Mario Horro as fotos e tamén conseguirnos este local para facer a premiere. Tamén queríamos agradecer a Stampa Gráfica que nos regalou amablemente o photocall que podedes ver e todos os elementos gráficos (carton-pluma, pegatinas…) que podedes ver nos capítulos.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *