GALICIA CRIME - TEMPORADA 1

CAPÍTULO 1 - A VIUVA NEGRA

O detective Dowson e o sarxento Pillei investigan a extraña morte de Hilario Muffin, o magnate das magdalenas caras. O cadete García descubrirá que ser policía en Carballork non é sinxelo. 

CAPÍTULO 2 - O COLECCIONISTA DE FRIKIS

Unha antiga amiga do sarxento Pillei atópase en problemas mentres a sombra dun novo inimigo aparece en Carballork. O detective Dowson segue a investigar a desaparición do seu pai grazas á pista entregada por Mary Muffin. 

CAPÍTULO 3 - O VERSO ASASINO

Un antigo caso sen resolver na vila de Arteixas porá a Dowson e Pillei trala pista dun asasino en serie cunha obsesión pola poesía. Wismincho, o youtuber conspiranoico, está a piques de revelar un gran segredo á súa audiencia. 

CAPÍTULO 4 - Mortes Vivas

Unha serie de cadáveres vinculados á forense Andersen fan sospeitar ó equipo que a súa compañeira oculta un segredo. Dowson recibirá unha nova pista que o achegará un pouco máis a S.I.D.R.A.

CAPÍTULO 5 - A IRMÁ DE PILLEI

Norma Pillei está na cidade para visitar ao seu irman, o sarxento Pillei. Por suposto, a visita non será de cortesía. Dowson fará unha visita ao piso de Wismincho en busca da pistas sobre S.I.D.R.A.

CAPÍTULO 6 - A verdade 

Dowson enfrontarase á verdade sobre si mesmo e sobre a desaparición do seu pai. 

SUSCRÍBETE Á NOSA CANLE DE YOUTUBE!

Suscríbete á nosa canle de youtube e serás nomeada filla honorífica de Carballork.